O Concello de Lugo, a través da concellería de Deportes que dirixe Mauricio Repetto, apoiará este ano con 166.000 euros o labor que desenvolven diferentes clubs da cidade.
Así, a Xunta de Goberno Local autorizou, na sesión celebrada hoxe, a adxudicación – polo procedemento de concesión directa mediante convenio – dun total de cinco achegas económicas ao Ensino C.B, ao Estudiantes C.B, ao Triatlón Cidade de Lugo, á Escudería Miño e ao Club Natación Porta Miñá.
O concelleiro responsable da área indicou que “estas axudas teñen, dentro do seu cometido, a promoción e impulso da práctica deportiva na cidade ao tempo que se constitúen como unha fonte de recursos primordial para moitas entidades e asociacións que operan neste ámbito, posibilitando, así, a continuidade do seu labor”, explicou o edil.
Discussion about this post