Rematadas as renovacións do centro social de Fingoi en Lugo

A alcaldesa fixo unha visita ao centro social no que acaban de rematar as obras de eficiencia enerxética, que tiveron un investimento de 293.743 euros
Concello de Lugo
Concello de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou recentemente renovado centro social de Fingoi, no que acaban de rematar as obras de eficiencia enerxética promovidas polo executivo municipal. Fíxoo acompañada da concelleira de Benestar, Olga López, así como de numerosos usuarios e usuarias destas instalacións, que puideron comprobar in situ as melloras realizadas e a nova confortabilidade do edificio.

As obras, que supuxeron un investimento de 293.743 euros, cofinanciados ao 80% polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía -IDAE-, contemplaron o illamento térmico da fachada así como dos falsos teitos, ademais de substituír toda a carpintería das xanelas, co obxectivo de alcanzar unha temperatura de confort en todas as dependencias do edificio, de 1.479 m2 de superficie. Deste xeito, o consumo enerxético anual reducirase un 43,09%, conseguindo un aforro de custes para as arcas municipais de 13.231 euros ao ano. Ademais, aproveitouse para pintar o edificio.

Neste senso, Lara Méndez explicou que “con esta actuación non só conseguimos mellorar o rendemento enerxético do inmoble, que reducirá prácticamente á metade o consumo de calefacción, aforrando custes e reducindo as emisións de dióxido de carbono, senón que tamén melloramos a habitabilidade e o propio confort dos usuarios, o que é especialmente importante porque estamos a falar de que na súa maioría son persoas maiores”. A rexedora fixo un percorrido polas instalacións acompañada dos usuarios, aos que escoitou as súas suxestións.

Así mesmo, a alcaldesa subliñou que “dende o executivo estamos a traballar na posta en marcha da cafetería do centro, actualmente estanse a elaborar os pregos de licitación e a previsión é que nas vindeiras semanas se poida sacar a concurso para que, o máis axiña posible, volva a estar operativa”.

Por outra banda, Lara Méndez avanzoulles aos usuarios e usuarias o regreso da Programación de Animación Sociocultural do Concello que este curso incluirá actividades de contido social, psicofísico, formación e cultura, artístico-manual e relacionado coa saúde. “As inscricións abrirán o vindeiro 19 de setembro e prolongaranse do 24 de outubro ao 31 de maio do ano que vén”, puntualizou.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.