Besteiro destaca a «boa xestión con grandes resultados» do alcalde de A Fonsagrada

O alcalde e candidato á reelección, Carlos López López, estivo acompañado polo delegado do Goberno en Galicia este domingo no mitin celebrado na localidade
fonsagrada
Os socialistas de A Fonsagrada celebraron este domingo no Salón de Actos dos Chaos un mitin coa participación do alcalde e candidato á reelección, Carlos López López, e a súa candidatura, xunto ao delegado do Goberno de España en Galicia, Jose Ramon Gomez Besteiro o voceiro socialista no Parlamento galego, Luis Manuel Álvarez Martínez, e a deputada na Cámara autonómica Patricia Otero Rodríguez. Alcaldes e candidatos da comarca, militantes, simpatizantes, e veciños e veciñas da localidade e da comarca participaron no encontro.
«Seguiremos traballando polo futuro da Fonsagrada con ilusión, honestidade e responsabilidade, como fixemos estes catro anos, nos que conseguimos avances importantes”, subliñou o alcalde fonsagradino ante as ducias de persoas que encheron o Salón de Actos. “Temos un proxecto para A Fonsagrada”, incidiu Carlos López, “para aumentar e mellorar os servizos dos veciños e promover a actividade económica e a creación de emprego, e así fixar poboación”. Para iso, asegurou, “acompáñame un equipo de homes e mulleres preparados, con experiencia, que coñecen o concello e os veciños, e con ganas de traballar a reo polo noso concello”.
O candidato á reelección lembrou fitos importantes para o concello que conseguiu o Goberno municipal socialista, como a posta en servizo do Residencial Rois co apoio da Deputación de Lugo, o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar -SAF-, melloras no ámbito das infraestruturas, a accesibilidade, zonas verdes e espazos de convivencia, “unha aposta forte” polo tecido asociativo social, cultural e deportivo ou a promoción do Camiño de Santiago.
De cara ao vindeiro mandato, o candidato do PSdeG marca como prioridade a construción do polígono industrial, para o cal conseguiu preto de 2,5 millóns de euros da Deputación, unha aportación xa formalizada no convenio de colaboración asinado recentemente polo propio Alcalde e o Presidente provincial, José Tomé Roca. Unha infraestrutura que complementará “cun esforzo fiscal para que as parcelas sexan atractivas” e “facilitando os trámites para que se instalen no noso concello empresas, autónomos e negocios, e así fixar postos de traballo”.
Así mesmo, no programa electoral o Alcalde comprométese, nó ámbito das infraestruturas, á instalación dunha nova rede de abastecemento de auga no núcleo da Fonsagrada, melloras nas traídas de auga das parroquias, a rehabilitación das vellas escolas para local social e aluguer social; e no de políticas sociais, aposta pola municipalización do SAF, ademais de apoiar ó sector agrogandeiro, crear dotacións e poñer en valor recursos turísticos, e actividades e equipamentos deportivos.
Pola súa banda, o Delegado do Goberno puxo en valor “a boa xestión” do Alcalde e do seu equipo, que deu “grandes resultados” para os veciños, recalcando, por exemplo, que A Fonsagrada recibiu máis de 180.000€ do Executivo de Pedro Sánchez para completar a rehabilitación da antiga Casa Consistorial; o concello forma parte do programa UNICO do Estado para estender a Banda Ancha; e que o municipio terá un novo Cuartel da Garda Civil. A Dirección Xeral da Garda Civil está traballando no anteproxecto desta nova infraestrutura e o Concello, pola súa parte, xa realizou a cesión gratuíta dos terreos para construír a dotación, que dá resposta a unha vella demanda dos veciños e veciñas do municipio.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.