O festival Son d’Aldea recreará a vida do rural nos anos 40 e 50

O festival terá lugar o 2 e 3 de setembro na parroquia de Santiago de Albá na provincia lucense
Diputación de Lugo
Diputación de Lugo

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este xoves no Parladoiro de Arqueixal de Palas de Rei na presentación da undécima edición de Son d’Aldea, que recrea como era a vida do rural nos anos 40 e 50. Este festival, que terá lugar o 2 e 3 de setembro na parroquia de Santiago de Albá, conta coa colaboración da Deputación de Lugo para a difusión das súas actividades a través do Servizo de Audiovisuais.

No acto participou o presidente da Asociación Son D’Aldea, Luis Arqueixal; o coordinador das xornadas, Santiago Prado; e o Tenente de Alcalde da localidade, Amando Sande, ademais doutros membros da organización.

“Este encontro permite vivir unha experiencia única, lembrando como era antes a vida nas nosas aldeas, cando o rural era o motor da nosa economía e da nosa tradición; e reivindicar así todo o potencial que temos”, salientou a Deputada, quen puxo en valor neste sentido o traballo que desenvolve a propia Deputación en colaboración cos concellos da provincia para impulsar o rural dotando de máis e mellores servizos á veciñanza e dinamizando a economía e o emprego en sectores estratéxicos, como o primario e o turismo.

Durante dous días os asistentes poderán desfrutar de gran variedade de actividades, como actuacións musicais, rutas teatralizadas ou conferencias.

A programación dará comezo cun parladoiro o venres ás 17:00 horas ‘Música e Desenvolvemento Rural’ coa participación de Isidoro Rodríguez Pérez e Bruno Villamor Gay e continuará ás 19:00 horas coa presentación dos libros ‘O gaiteiro de Santo’ de Burno Villamor Gay e ‘A gaita na Terra de Melide’ de Suso Ascariz. Unha hora máis tarde presentaranse os libros ‘Son D’Aldea 2015’ e ‘Son D’Aldea 2021’.

O venres ás 20:30 horas será a actuación do grupo Iseo A Moura e as 21:30 horas a cea na aldea. Ao día seguinte a programación inclúe un roteiro teatral, un xantar na aldea, xogos populares, a actuación do grupo Zoelas e o concerto de Leirabuxo.

Para a reserva de prazas e maior información pódese solicitar mediante Whatsapp no número de teléfono 613.330.607.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.