Longametraxe, danza, teatro e conferencias en Vilalba arredor do 25N

Baixo o lema ‘A meta, a igualdade. O feminismo, o camiño’ as citas comezarán o día 4 de novembro
Concello de Vilalba
Concello de Vilalba

O Concello de Vilalba únese á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro, cunha serie de actividades enfocadas a sensibilizar, previr e loitar contra as diferentes violencias machistas. ‘A meta, a igualdade. O feminismo, o camiño’ é o lema elexido un ano máis. A presentación da programación correu a cargo da alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, es as concelleiras de Igualdade, Vanesa Siso, Servizos Sociais, Marta Rouco e Educación, Antía Rama.

Para conmemorar este 25N, dende o Concello deseñouse unha ampla programación destinada a todas idades e sectores da poboación para insistir na educación e na sensibilización que comezará xa o día 4 coa difusión, no Auditorio Municipal, da longametraxe ‘Onde máis doe’ a partir das 20:00 horas. Escrito e dirixido por Manane Rodríguez, o documental narra o cruel asasinato por parte dun pai maltratador do seu fillo de 11 anos co propósito de vingarse da súa ex parella. Na peza concurren temas coma a violencia, o acoso, o asasinato dun neno para facer dano a súa nai e a ameaza de morte que aínda pende sobre a súa muller.

Para o venres 11 hai programada unha dobre cita. Por unha banda, impartirase a primeira das conferencias previstas dentro da Escola de Igualdade de Vilalba, o espazo de formación, prevención e sensibilización contra as violencias machistas e en pro da igualdade que arrincou a súa andaina o pasado ano, enfocada nesta edición a abordar a Violencia Vicaria. Nesta primeira convocatoria, a Casa da Cultura, ás 19:00, acolle unha charla impartida por Cristina Pérez Salgado, delegada de Violencia de Xénero do Colexio de Avogados de Lugo. Tamén o mesmo día, dentro dos actos organizados co gallo do 25N, os alumnos do IES Basanta Silva terán a oportunidade de escoitar o duro testemuño de Noelia Míguez, vítima de violencia de xénero e co-autora do libro ‘Ocho señales: cuestión de vida o muerte’.

O domingo día 13 de novembro, o Auditorio Municipal acolle a partir das 19:00 horas a obra de teatro ‘As que limpan’. A coprodución de A Panadaría e o Centro Dramático Nacional fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos fronte a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras.

A representación de danza contemporánea titulada ‘Pioneiras’ é a cita para o venres día 18, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal. A peza rende homenaxe ás mulleres que iniciaron a batalla pola igualdade, acompaña ás que seguen pelexando, e conmemora ás que non tiveron a oportunidade de gañar esta guerra contra a violencia de xénero.

O día seguinte, o sábado 19, a Escola de Igualdade de Vilalba propón esta vez dúas interesante charlas na Casa da Cultura que invitarán á reflexión. A partir das 10:30 horas será Sergio Orduña Alonso, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Violencia de Xénero en Lugo o encargado de impartir a conferencia baixo o título ‘Menores e violencia de xénero’, mentres que ás 12:00 horas Verónica Marcos Arrojo, presidenta de FADEMUR Galicia, falará sobre ‘As mulleres rurais fronte a violencia machista’.

O domingo continuará esta ampla axenda de actividades por mor do 25N coa presencia no Auditorio Municipal, dende ás 18:00 horas, de ‘expresARTE en Igualdade’ contra a violencia machista dirixido aos centros de ensino e o tecido cultural de Vilalba.

Como cada ano, a Praza da Constitución do Concello de Vilalba focalizará os actos do venres 25, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Entre as actividades previstas dende a Concellería de Igualdade realizarase pola mañá un acto institucional co alumnado dos centros de ensinanza onde se expoñerá todo o traballado durante esa semana nos obradoiros impartidos en repulsa das violencias machista

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.