O alumnado do ciclo de formación en atención sociosanitaria visitou hoxe o Concello de Vilalba

Os responsables explicáronlles aos estudantes o tipo de procedementos e recursos que tramitan para a veciñanza da vila
visita1

O Concello de Vilalba recibiu hoxe a visita do alumnado e dos profesores e profesoras do Ciclo de Formación en Atención Sociosanitaria do IES Lois Peña Novo.

A alcaldesa Elba Veleiro foi a encargada de guialos neste encontro no que os responsables dos Servizos Sociais no Concello, os Traballadores Sociais, a Psicóloga e a Orientadora Familiar, lles explicaron aos estudantes o tipo de procedementos e recursos que tramitan para a veciñanza da vila.

O SAF, o CIM, a Escola Infantil Municipal, o Servizo de Madrugadores, o do Comedor Escolar para a Educación Infantil ou a Atención Temperá son algunhas das prestacións coas que conta o Concello de Vilalba e que esta mañá xurdiron no debate cos alumnos e alumnas do IES Lois Peña.

“Para o Concello de Vilalba son prioritarios este tipo de servizos porque son os que afectan de forma máis directa ao benestar das persoas e das familias de Vilalba. Que os nosos mozos e mozas se interesen polo traballo que facemos, que o saiban por en valor e mesmo queiran nun futuro formar parte del é unha gran noticia, polo que agradecemos a visita do alumnado do IES Lois Pena Novo”, subliña Elba Veleiro.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.