Feijóo e Pontón, os preferidos polos votantes do resto dos partidos para presidir a Xunta

5Afavoritos

Nesta contenda aberta de cara ás eleccións autonómicas do 5A, a valoración dos candidatos a presidir a Xunta de Galicia está aínda máis igualada que as enquisas de intención de voto. Os votantes consultados polo Instituto Sondaxe danlle ao actual presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, unha valoración de 5,46, seguido moi de cerca pola aspirante nacionalista, Ana Pontón, que tamén aproba cun 5,42.

Cun aprobado raspado queda o candidato socialista Gonzalo Caballero, que obtén un 5,03 segundo as preferencias dos enquisados. O único suspenso é o de Antón Gómez-Reino, que se queda con 4,36.

Respecto a quen prefiren os galegos como presidente da Xunta de Galicia, os electores manteñen as súas preferencias entre Ana Pontón e Alberto Nuñez Feijoo. A candidata do BNG non é so a preferida -cun 97,5%- polos que se declaran votantes do BNG, senón que case o 36% dos que van votar a Galicia en Común, tamén querían a Pontón como presidenta da Xunta. É aínda máis significativo que o 78,4% dos que non teñen decidido o seu voto, van votar a formacións minoritarias ou non van exercer o seu dereito, tamén lles gustaría ver a Ana Pontón como presidenta da Xunta.

Feijoo é o preferido cun 94% polos votantes do PP e por case un 86% dos que van votar a Ciudadanos, que segundo as enquisas no vai obter ningún representante do parlamento galego. Ademáis, o 35% dos que van votar a VOX, tamén preferirían como presidente da Xunta ao candidato popular.

Chama a atención que Gonzalo Caballero tan só sexa o preferido para gobernar en Galicia polo 82% dos que se declaran votantes do PSdeG, mentres que o resto prefiren a Ana Pontón ou a o actual presidente, Nuñez Feijoo. Pola súa banda, os votantes de Galicia en Común, son os que teñen menos claro se prefiren que o seu candidato sexa o futuro presidente da Xunta, xa que só un 43,7% contempla esta opción.

 

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.