Gobernos que non só escoitan

Os veciños e veciñas de Canido levan durante moitos anos demandando máis seguridade vial para a rúa Atocha do ferrolán bario de Canido. Un punto perigoso xa que non dispón de beirarrúas e por el transcorren viandantes que adoitan ser, se cabe, os máis vulnerables: xente de avanzada idade e nenos e nenas. Hai que ter en conta que neste tramo sitúanse varios colexios de educación primaria e infantil (o CEIP Cruceiro de Canido e o Colexio San Rosendo).

Dende anos, e estando no concello diferentes corporacións de diferentes cores políticas, os veciños e veciñas levan demandando unha solución, ou polo menos un intento de solución que protexa ós peatóns neste punto.

A política debe consistir en escoitar, en ter reunións coa veciñanza, pero se esas escoitas e reunións non derivan en intencións tanxibles, en medidas que intenten paliar os problemas, non serve de nada. Nese sentido a concellería de seguridade, o seu concelleiro Germán Costoya, reuniuse durante numerosas ocasións cos representantes veciñais e foi buscando posibles solucións.

Nun primeiro momento esta concellaría instalou unha serie de bolardos que por desgraza non xurdiron efecto. Despois de escoitar novamente ós representantes veciñais e entender que esta medida non protexía o suficiente, hoxe acaba de realizarse unha nova acción. O propio concelleiro achegouse a primeira hora da mañá para comprobar a instalación de varias bandas redutoras na rúa Atocha, que pretenden ser unha medida preventiva para mellorar a seguridade dos veciños e veciñas de Canido, unha medida que levan anos e varias lexislaturas solicitando e que esta corporación escoitou e actuou.

Salir de la versión móvil