O tono propositivo de Pontón fronte o tono duro de Caballero

A candidata nacionalista á Xunta está asumindo posicións institucionais nesta precampaña
anacaballero

A nova convocatoria electoral para o Parlamento de Galicia, o próximo 12 de xullo, serviu para perfilar qué tipo de campaña vai adoptar cada partido e cal será a narrativa dos principais candidatos. Aínda que tanto o actual goberno dos populares como a oposición manifestaron a súa intención de centrarse na reconstrucción do panorama postcovid, atópanse importantes diferencias nos papeis que Caballero e Pontón, principais competidores de Feijóo, están a tomar.

O líder do PSdG hai tempo que abandonou a moderación para asumir un tono más radical e crispado, contra Feijoo, mentres que a candidata nacionalista está asumindo posicións institucionais e propositivas.Antes da convocatoria electoral era palpable o tono comedido e conciliador utilizado por tódolos los líderes políticos no seguimento que se fixo da evolución da crise sanitaria, pero unha vez anunciada a nova data para as eleccións, todo mudou.

O discurso abroncado e recriminatorio de Gonzalo Caballero hacia o actual titular da Xunta parece non ter moito sustento nos seus varóns provincias e aínda menos nos concellos, máis centrados en xestionar, dentro das súas competencias, a crise sanitaria e tódolos seus efectos colaterais. Nas últimas semanas referiuse a Feijoo como “mentiroso compulsivo”, “ventaxista” e dixo que “non é de fiar”. Acusouno de converter a Galicia no seu “chiringuito particular” e de actuar como “o pitufo gruñón” contra o Goberno Central. Unha estratexía que, a tenor das enquisas, parece máis abocada á autodestrucción. Pola súa banda, a líder do BNG, Ana Pontón, foi quen de manter o tono sosegado e construtivo dos últimos meses.

Xa na primeira convocatoria electoral, no mes de xaneiro, o BNG adoptou unha estratexia baseada na moderación que reflectía a capacidade de xestión e de solvencia de Pontón para ocupar as máximas responsabilidades en San Caetano. Todo iso sen abandonar a crítica, a veces dura, pero sempre construtiva e propositiva. Na súa última intervención chamou a consensuar un “pacto de país” para afrontar a reconstrución post-covid. Nun escenario no que a cidadanía agarda solucións e colaboración institucional cabería esperar que a estratexia dos nacionalistas favoreza os seus resultados. A un mes das eleccións, todo está aínda por demostrar.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.