Presidente Feijóo ou Presidenta Pontón?

MicrosoftTeams-image

O 12 de Xullo veranse confirmadas dúas tendencias, a forza do PPdeG, cun electorado fiel e un candidato apreciado e o avance e progresión do Bloque Nacionalista Galego coa súa candidata Ana Pontón gozando tamén dunha ampla corrente de simpatía. Ambos partidos tamén se benefician duns competidores cuxas campañas funcionaron a medio gas, sufrindo así o PSdeG unha baixa fidelidade de voto e un protagonismo menor. En canto aos Comúns, pasáronlle factura un candidato descoñecido e a confusión coa marca Marea Galeguista que gozou dun protagonismo elevado ao recoller os benificios da marca, que foi segunda forza en 2016. No lado da dereita tanto Ciudadanos como VOX teñen unha mínima implantación no territorio e aspiran como moito a obter un diputado.

Do lado do partido de Ana Pontón, segundo tódalas enquisas vai dobrar o seu número de deputados no parlamento galego e ten posibilidade de ser a segunda forza. De perder os Populares a maioría absoluta, a candidata nacionalista podería ser investida Presidenta da Xunta de Galicia.

Durante toda a campaña e mesmo no debate electoral da televisión pública galega foi a figura de Ana Pontón é a que pareceu comandar o bloque alternativo que se conformará no próximo Parlamento de Galicia. Tanto a candidata nacionalista como o actual presidente da Xunta protagonizaran os momentos máis intentos e interesantes do debate, xogando un papel fundamental o carácter institucional que a líder do BNG vén mostrando nos últimos tempos. De feito, na enquisa realizada ao día seguinte do debate televisado, foron ambos candidatos os que se repartiron o papel de «gañador» entre os espectadores.

A mensaxe de estabilidade que tratou de impregnar Feijóo da súa xestión fronte á mensaxe de ilusión e de cambio que propón Ana Pontón son os elementos que decidirán o voto do próximo domingo entre boa parte do electorado galego, especialmente entre aqueles que aínda non teñen decidido a que candidato van votar.

Tal e como apuntou recentemente Ana Pontón, fontes da organización nacionalista trasladaron que manexan datos de tendencia na última semana que poderían apuntar a un castigo a Feijóo na comarca da Mariña. «Tanta mentira terá consecuencias nas urnas este domingo e Feijóo vai recibir unha resposta contundente que sepultará a montaña de mentiras do candidato del PP», dixo a candidata do Bloque ao respecto.

De non conseguir o Partido Popular a maioría absoluta, o escenario quedaría aberto para un goberno formado, canto menos, polo BNG e o PSdeG. A presidencia da Xunta sería entón ocupada polo candidato que obtivera mellores resultados o 12 de xullo.

 

 

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.