As pistas de pádel e as oficinas de deportes da piscina de Ortigueira volven a abrirse ao público

Para poder facer uso das instalacións deportivas haberá que manter as medidas de seguridade e os pagos faranse por vía telemática

Hoxe 6 de xullo abriron ao público as oficinas do servizo de Deportes situadas na piscina municipal e as pistas de pádel municipais. Nas oficinas producirase a atención ao público de 10.00 a 13.00 horas, aínda que débese realizar unha cita previa chamando ao teléfono 981 422 026, en horario de 10.00 a 12.00 horas de lunes a xoves e sen esquecerse do uso obrigatorio de máscara.

As pistas de pádel municipais estarán dispoñibles -mediante o abono da tasa correspondente- de luns a domingo de 11.00 a 23.00 horas no caso da pista cuberta. No caso das descubertas, estas abren as súas portas de luns a xoves entre 11.00 e 23.00 horas, os venres de 12.00 a 19.00 horas e os sábados e domingos de 15.00 a 23.00 horas. De 9.00 a 11.00 realizaranse tarefas de desinfección e o club de pádel terá como horario os venres de 19.00 a 23.00 e os sábados e domingos de 10.00 a 14.00 horas.

Para usar as instalacións é necesario o xel hidroalcohólico, manter a distancia de seguridade de 1,50 metros e evitar o contacto físico. Non estará permitido o acceso de público e ,ao finalizar, os usuarios deben deixar as instalacións cerradas. Non se poderán utilizar as papeleiras nin xerar lixo, e non está permitido compartir alimentos ou bebidas dentro das pistas.

Os pagos faranse por domiciliación bancaria no caso dos abonados e a través de ingreso na conta corrente para quen non o son. Polo que se refire ás solicitudes para realizar torneos con acceso de público, terán que presentarse por escrito mínimo 15 días antes da data fixada e aportando o protocolo co que se van desenvolver. Estas competicións necesitarán da autorización municipal correspondente.

Salir de la versión móvil