Cariño acolle a presentación do cómic Grandarroiba, inspirado no Ortegal

O debuxante Cristian F. Caruncho, da parroquia de Couzadoiro, é o autor desta obra inspirada na comarca onde se criou

O vindeiro venres 21 de febreiro, a partir das 20.00 horas, terá lugar a presentación do cómic Grandarroiba, do debuxante ortegano Cristian F. Caruncho. Tamén quedará inaugurada a exposición con diversos debuxos do cómic. O acto será no local social da Casa do Concello de Cariño.

Grandarroiba é a primeira obra longa de Cristian F. Caruncho, debuxante, de 22 anos, nado en Couzadoiro (Ortigueira). “Conta a historia dun home algo solitario que vive nas montañas do Ortegal, a súa evolución desde neno ata o día de hoxe , cuns 50 anos, como é a súa relación cos veciños. Non pasan moitas cousas, o importante é como vai cambiando o personaxe, Moncho de Grandarroiba” explica o autor.

Máis de sesenta páxinas nas que o lector poderá recoñecer algúns dos principais lugares da devandita parroquia, como a igrexa de San Cristovo, a ponte de Lamas, o monte do Carabelote e moitos outros lugares dun lugar ao que o propio Caruncho regresou este ano a vivir logo da súa estadía formativa na Coruña para graduarse en Ilustración, na Escola Pablo Picasso.

Salir de la versión móvil