Cariño contrata o servicio delegado de protección de datos

Contratarase esta prestación obrigatoria por un valor de 14,876 euros, incluidos os tributos, taxas e canons de calquera índole
79031300_1174091106113387_858990534327271424_o-1024x570

O Concello de Cariño contratou o servizo delegado de protección de datos por 14.876 euros, un prezo final onde se consideran os tributos, taxas e canons de calquera índole que sexan de aplicación.

A regulación en materia europea 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes, así como a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e a garantía dos dereitos dixitais -LOPD-, establecen a obrigatoriedade para a Administración de dispoñer dun Delegado de Protección de Datos -DPD-.

O Concello de Cariño dispón tan só de dúas persoas que poderían cumprir os requisitos legalmente establecidos para prestar este servizo, que son as titulares de Secretaría e Intervención, funcionarias con habilitación de carácter nacional.

Estas funcionarias, ademais de ter funcións reservadas por Lei e a carga de traballo de cada un dos departamentos, xa que a secretaria xa asume a figura de responsable de protección de datos, polo que os medios propios non poden proporcionar a dedicación necesaria de forma que se garanta o servizo co debido grao de excelencia que require este Concello.

É por iso que, e tras os informes emitidos polos técnicos municipais, «decidimos impulsar a contratación do servizo delegado. É algo co que temos que cumprir, a Lei de Protección de Datos, e ademais habemos de facelo ben», analizou o alcalde, José Miguel Alonso Pumar.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.