Cariño prepara un gran desfile de Entroido para este domingo

Os pasarrúas e os concertos de música na praza Roja culminarán co desfile de comparsas
maxresdefault (1)

O goberno local de Cariño presentou a programación para o seu Entroido, que terá como acto central o desfile de comparsas, un dos que máis xente atrae en toda a comarca e que se celebrará o domingo 23, repartindo 2.995 euros en premios.  O sábado 22 as 17.00 horas, no local social da casa do concello, terá lugar a presentación da Madriña 2020 e despedida da Madriña 2019 da Rondalla de Cariño.

O propio sábado, de 17.00 a 20.00 horas celebrase festa infantil no Polideportivo Municipal e a degustación de produtos de Entroido elaborados polas Amas de Casa de Cariño. Xa pola noite, ás 22:30 horas terá lugar o pasarúas a cargo da Mekánika Rolling Band  e pechará a noite a actuación da Orquestra Cinema na Praza Roja.

O día grande, o domingo 23, o desfile comezará ás 17.00 horas con saída do polideportivo municipal ata a Praza Roja. Tamén haberá actividades para os máis pequenos a partir do luns 24 de 17.00 a 20.00 horas no polideportivo municipal. Contra as dez da noite será o turno do pasarúas a cargo de ‘Os Charangos’ e pasada a media noite celebrarase o concerto  «Pum up the 90’s. Sesión Remember», con toda a música da década dos 90.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.