O goberno local de Cariño presentou a programación para o seu Entroido, que terá como acto central o desfile de comparsas, un dos que máis xente atrae en toda a comarca e que se celebrará o domingo 23, repartindo 2.995 euros en premios. O sábado 22 as 17.00 horas, no local social da casa do concello, terá lugar a presentación da Madriña 2020 e despedida da Madriña 2019 da Rondalla de Cariño.
O propio sábado, de 17.00 a 20.00 horas celebrase festa infantil no Polideportivo Municipal e a degustación de produtos de Entroido elaborados polas Amas de Casa de Cariño. Xa pola noite, ás 22:30 horas terá lugar o pasarúas a cargo da Mekánika Rolling Band e pechará a noite a actuación da Orquestra Cinema na Praza Roja.
O día grande, o domingo 23, o desfile comezará ás 17.00 horas con saída do polideportivo municipal ata a Praza Roja. Tamén haberá actividades para os máis pequenos a partir do luns 24 de 17.00 a 20.00 horas no polideportivo municipal. Contra as dez da noite será o turno do pasarúas a cargo de ‘Os Charangos’ e pasada a media noite celebrarase o concerto “Pum up the 90’s. Sesión Remember”, con toda a música da década dos 90.