O ciclismo de Cariño gozará dunha renovación do seu carril bici

Máis dun quilómetro de vía entre a Biblioteca Municipal e a Casa do Concello serán substituidos para mellorar a seguridade dos ciclistas
851981

O Concello de Cariño comezará de maneira inminente os traballos de renovación do carril bici, ao cal dedicaraselle unha partida total de 49.504,13 euros. Nas accións previstas intervirase na totalidade do trazado, que conta con máis dun quilómetro de longo e discorre entre a Biblioteca Municipal e a Casa do concello.

Os traballos consistirán na substitución da capa de rodadura para conseguir a uniformidade en todo o carril bici, así como a reparación das placas de formigón que presentan fendas, e que por conseguinte supón un risco para os usuarios e usuarias do mesmo.

Contémplase, á súa vez, executar as reparacións na zona contigua e inmediatamente anterior á zona peonil. O alcalde, José Miguel Alonso, considera os traballos «moi necesarios debido ao desgaste que presentaba este carril bici, empregado a diario por moitas e moitos veciños. Ademais, promovemos un tipo de transporte sostible, así como a práctica deportiva, nunha contorna idílica como o é o noso paseo marítimo», declarou o rexedor.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.