Envellecemento Activo, o novo servizo do Concello de Cariño dedicado á poboación de maior idade

Con esta iniciativa os máis maiores poderán realizar múltiples actividades como xogos de memoria, roteiros, excursións, bailes ou musicoterapia
ancianos-que-mueren-solos

O Concello de Cariño vén de adxudicar o servizo de Envellecemento Activo por un importe de 32.186 euros. O contrato  terá unha validez de dous anos e ten o obxectivo de desenvolver unha serie de actividades en beneficio da poboación de maior idade para que melloren a súa calidade de vida e benestar.

As accións que levarán a cabo estarán dirixidas preferentemente ás persoas maiores de 65 anos podendo incluírse outras de menor idade que polas súas circunstancias poidan beneficiarse destas. Ditas actividades inclúen a realización de xogos de memoria, musicoterapia, bailes, excursións, roteiros ou celebracións puntuais como o Magosto, o Día dá Muller Traballadora, o Entroido e o Día dás Letras Galegas. Ao final da tempada deberá de organizarse unha xornada de «Fin de Curso».

Celebraranse entre os meses de xaneiro a xuño e de setembro a decembro, suspendéndose as clases nos meses de xullo e agosto, así como nas vacacións de Nadal, entroidos e semana santa.  Na actualidade hai grupos en Cariño, Feás e A Pedra. En Landoi e Sismundi abrirase proximamente un prazo de inscrición. Todos teñen un máximo de 15 persoas cada un e contan con tres horas de actividades semanais por grupo divididas en dúas sesións.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.