Mañá martes 28 de xullo, a partir das 11.30 horas no salón de plenos da casa do concello terá lugar a presentación oficial da XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño. Para todo quen queira pode ir a visitar o inicio dunha proposta tan atractiva a nivel cultural como é a Mostra de Teatro de Cariño a cal, xunto a de Ribadabia, é coñecida por ser a máis antiga de Galicia.
Como cada ano -e xa levan 42 en pé de guerra- este evento segue a ser un dos máis sinalados da programación teatral galega -debido á súa regularidade e constancia e tamén pola calidade da programación- polo que a súa visita é obrigada. Para quen esté dubidando de se asistir ou non a este espectáculo o propio evento grabou as actuacións do ano pasado para poder saber o que lle espera a quen vaia.
A esta nova edición asistirán, ademais do alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, e o concelleiro de Cultura, Jonathan Miranda, o director de AGADIC, Jacobo Sutil, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto.