O Mercado de Oportunidades de Cariño voltará este ano coa presenza da charanga Brassica Rapa

Este evento programado pola asociación ComCariño levarase a cabo o vindeiro sábado 8 de agosto de 10.00 a 21.00 horas coa intervención do grupo musical ao mediodía
116720079_1581374462034114_5213976986214116360_o

Esta nova edición do Mercado de Oportunidades levado a cabo pola asociación local ComCariño terá lugar o vindeiro sábado 8 de agosto, entre as 10.00 e as 21.00 horas. O lugar escollido este ano é a carpa ubicada no Campín -Avda. da Paz, 2-, onde ao mediodía o mercado estará amenizado pola charanga BRASSICA RAPA.

Os comercios que participarán no evento son D&M Moda Infantil, Atmósfera Sport, Bamby Moda Infantil, Zen Cosmética, O Xardín Flor&Deco e Merchandising ComCariño

BRASSICA RAPA

Brassica Rapa é unha brass band nacida a finais do 2017 buscando darlle unha volta ao concepto de charanga. Formada íntegramente por rapazas, tocan instrumentos de vento metal e percusión e crean unha atmosfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, coa que a festa está asegurada. Trompeta, trompa, dous trombóns, un saxo alto, unha tuba, unha caixa e un bombo compoñen a súa formación, a cal ten como principal obxectivo  reivindicar coa súa música a presenza da muller neste tipo de agrupacións a través da troula.

Brassica Rapa ofrecen un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Recollen sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais.

As compoñentes veñen de distintos percorridos dentro do mundo da música, e de agrupacións coma Liska!, Banda Xangai, Timparrantela ou Biribirlocke.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.