Os rapaces de Cariño recibirán mañá as súas máscaras reutilizables

O Concello fará o reparto entre as 10.00 a as 14.00 horas na casa consistorial
92240627_509366129734123_902142453002272768_o

Mañá comezará no Concello de Cariño o reparto de máscaras infantís reutilizables para todos os nenos e nenas empadroados no municipio. A entrega farase entre as 10:00 e as 14:00 hora na planta baixa da Casa do Concello para a rapazada de Cariño, distribuíndose a domicilio en Feás, Sismundi, Landoi e A Pedra ó longo da xornada. De ter marxe no stock, e a posteriori, o Concello poderá realizar un reparto a rapaces non empadroados e que poidan estar pasando o período de confinamento en Cariño.

As máscaras foron fabricadas na comarca con material homologado en tres tallas diferentes, e entregaranse a nenos e nenas de entre 3 e 13 anos de idade, ambos inclusive. Non se inclúen os menores de 3 anos por recomendación sanitaria. Grazas á colaboración da Asociación Patchwork Cariño tamén se suministrará unha máscara de tea a maiores a un tutor para que poida empregala ao saír á rúa cos fillos. Á tea incorporouselle un filtro TNT, o material reutilizable recomendado.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.