“Baila e canta na granxa” chega ó CEIP A Barqueira, en Cerdido

O colexio acollerá o venres ás 12:30 horas este espectáculo de cancións infantís a cargo de Jorge Vázquez Méndez

Imagen de archivo del CEIP da Barqueira

O Concello de Cerdido organiza para este venres, 18 de novembro, a actividade infantil “Baila e canta na granxa” no CEIP A Barqueira. A actuación, que correrá a cargo de Jorge Vázquez Méndez, comezará ás 12:30 horas e ofrecerá un percorrido musical en directo polas canción máis populares da discografía infantil, como poden ser “A galiña Turuleta”, “Veo veo”, “O galo canta” e un montón de coreografías e bailes máis.

Salir de la versión móvil