Brais Prieto será o candidato socialista á Alcaldía de Cerdido «cun equipo solvente para gobernar»

O PSdeG-PSOE aspira a revalidar o goberno do municipio, con Prieto collendo o testemuño do actual alcalde Benigno Galego
Presentación da candidatura socialista para Cerdido
Presentación da candidatura socialista para Cerdido

O PSdeG-PSOE anunciou a súa candidatura para revalidar o goberno de Cerdido nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Estará liderada por Brais Prieto, técnico de Turismo que relevará ao actual alcalde, Benigno Galego, á fronte dos socialistas na corporación. Prieto destacou o seu “respeto e recoñecemento ás persoas que formaron parte dos gobernos municipais dende o 2015 e agora deixan paso a xente nova”, en referencia a Galego e o seu equipo. O candidato socialista extendeu este agradecemento “a todas as persoas que pasaron polas listas do PSdeG-PSOE” no municipio anteriormente, xa que “sen cada un deles hoxe non estaríamos nós aquí”.

O socialista presentou “unha candidatura solvente cunha clara aposta de futuro para gobernar Cerdido nos próximos anos”. “A lista é unha combinación de xente que está en política e no goberno municipal, con experiencia, e xente que entra con toda a ilusión, ideas novas e implicación na vida do concello”, sinalou. O compromiso coa paridade e o papel da muller na política foi un dos criterios cos que se conformou a lista, “con 7 mulleres e 5 homes”, destacou o candidato.

Brais Prieto quixo tamén destacar a representación de todo Cerdido na candidatura, con xente “das tres parroquias nos postos de saída, coñecedores das necesidades e oportunidades dos seus lugares para seguir traballando coa ilusión posta en Cerdido”. Unha candidatura “feita para gobernar Cerdido cos pés no chan e con toda a ilusión e traballo”, engadiu.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.