Éxito do concurso de pinchos ‘Saborea Cerdido’, celebrado esta fin de semana

O local gañador do concurso foi Casa Ignacio, seguido de Café Bar Elvis e El Rincón de Tania
Tapa gañadora, de Casa Ignacio
Tapa gañadora, de Casa Ignacio

O Concello de Cerdido celebra o éxito do concurso de pinchos ‘Saborea Cerdido’, celebrado ao longo desta fin de semana, cunha gran asistencia en todos os locais participantes. O concursante mellor valorado entre os 6 locais partipantes foi Casa Ignacio, seguido de Café Bar Elvis e El Rincón de Tania.

A entrega de premios e o sorteo dos vales entre os consumidores terá lugar no local gañador, Casa Ignacio, este sábado 3 de decembro ás 13 horas. O alcalde, Benigno Galego, encóntrase satisfeito con esta edición do concurso pois “os locais atraeron a unha gran multitude de xente, e desta forma conseguimos dinamizar o noso municipio nunhas datas con pouco movemento”.

O rexedor quere agradecer “a todos os locais participantes a súa gran colaboración e o seu traballo para realizar as receitas, conseguindo que esta nova edición de ‘Saboreando Cerdido’ sexa todo un éxito”.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.