O CEIP A Barqueira de Cerdido acomete obras de preparación para o inicio do curso escolar

Limpeza e desinfección de varias clases e o establecemento dunha aula de illamento son algunhas das medidas adoptadas para seguir o protocolo
obras colexio

Operarios municipais de Cerdido prepararon distintas aulas, incluída a aula de desdobre de infantil, onde se instalou tarima flotante no chan para dar máis calidez ao espazo. Así mesmo pintáronse aulas e falouse co equipo directivo e Anpa sobre aspectos e protocolos de seguridade.

Aula de illamento anti-Covid

Por otra banda, estableceuse un aula de illamento tal é como establece o protocolo para «illar» a posibles contaxiados á espera da chegada dos servizos sanitarios. Desde o Concello tamén se están acometendo traballos de limpeza e desinfección que se realizan a través dunha empresa externa de limpeza.

Unha vez iniciado o curso escolar reforzaranse os servizos de limpeza para que todo estea en condicións óptimas de seguridade e hixiene, e evitar así posibles riscos para a saúde tanto da docencia como do alumnado e as súas familias.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.