O CEIP A Barqueira de Cerdido acomete obras de preparación para o inicio do curso escolar

Limpeza e desinfección de varias clases e o establecemento dunha aula de illamento son algunhas das medidas adoptadas para seguir o protocolo

Operarios municipais de Cerdido prepararon distintas aulas, incluída a aula de desdobre de infantil, onde se instalou tarima flotante no chan para dar máis calidez ao espazo. Así mesmo pintáronse aulas e falouse co equipo directivo e Anpa sobre aspectos e protocolos de seguridade.

Aula de illamento anti-Covid

Por otra banda, estableceuse un aula de illamento tal é como establece o protocolo para “illar” a posibles contaxiados á espera da chegada dos servizos sanitarios. Desde o Concello tamén se están acometendo traballos de limpeza e desinfección que se realizan a través dunha empresa externa de limpeza.

Unha vez iniciado o curso escolar reforzaranse os servizos de limpeza para que todo estea en condicións óptimas de seguridade e hixiene, e evitar así posibles riscos para a saúde tanto da docencia como do alumnado e as súas familias.

Salir de la versión móvil