Unha nova edición de Saborea Cerdido a fin de semana do 26 e o 27 de novembro

Participan un total de seis locais de hostalería: O Pazo de Cerdido, Bar Elvis, Mesón Froallo, Casa Ignacio, O Rincón de Tania e Casa da Viuda

O Concello de Cerdido organiza para a fin de semana do 26 e o 27 de novembro unha nova edición do concurso de pinchos “Saborea Cerdido”. Os locais que participarán nesta edición son O Pazo de Cerdido, Bar Elvis, Mesón Froallo, Casa Ignacio, O Rincón de Tania e Casa da Viuda.

O sábado poderanse degustar as tapas, na xornada de mañá desde as 11:00 ata as 15:00 horas e  pola tarde desde as 19:00 ata as 22:00 horas. Na xornada do domingo o horario para probar as creación culinarias será desde as 11:00 ata as 15:00 horas.

Desde o Concello de Cerdido animan a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta nova edición do concurso e a gozar das creacións culinarias dos locais hostaleiros.

Salir de la versión móvil