O Centro de Información á Muller de Ortigueira comunica o comezo do obradoiro «Cousas de Mulleres», unha actividade promovida pola Concellería de Igualdade e cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo para abordar as situacións persoais que viven as mulleres polo simple feito de selo.
As participantes debatirán colectivamente e reflexionarán de xeito individual sobre estas circunstancias utilizando materiais como vídeos e lecturas. A actividade desenvólvese no Centro Social de Ortigueira ata o 1 de setembro a través da empresa Promove.
Entre os seus obxectivos está potenciar a sororidade, a solidariedade entre mulleres para resolver os problemas común partindo da complicidade e o apoio mutuo.