A Garda Civil de Ortigueira investigou a unha persoa como presunto autor dun delito de receptación. Os feitos ocorreron ao ter coñecemento os efectivos do corpo armado da posible venda de pezas procedentes do roubo nun vehículo de empresa téxtil de Portugal nos mercadillos da zona.
O roubo fora denunciado o pasado 20 de Xuño ante a GNR de Vilar do Conde, valorando o monto do mesmo en 13.099 euros. A Garda Civil dispuxo un dispositivo de control nos mercadillos da zona, coa intención identificar o autor dos feitos, localizar e recuperar as pezas subtraídas.
No transcurso dese dispositivo, localizaron un posto no que se vendían pezas coa marca da empresa denunciante, sen que o propietario do mesmo puidese acreditar legalmente a súa compra, indicando que llas comprou a baixo prezo a outra persoa. A Garda Civil procedeu á investigación do propietario do posto, como presunto autor dun delito de receptación e á incautación das 309 pezas desta marca. O investigado, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foi posto ao dispor do Xulgado de1ª Instancia e Instrución de Ortigueira.