A asociación sociocultural Mariña Patrimonio vén de documentar un novo castro no concello de Mañón. O xacemento, situado na Ría do Barqueiro, concretamente na Punta Preguntoiro, na parroquia de Mogor, ten unha forma ovalada de aproximadamente uns 110×85 metros de diámetro.
Aínda que o sitio arqueolóxico atopase ateigado dunha morea de eucaliptos e cuberto dunha espesa matogueira, obsérvanse claramente tanto o foxo coma o parapeto que defendían este antigo poboado.
O novo achado histórico
Este ben patrimonial non figura nin no Catálogo do Patrimonio Culltural de Galicia nin no do PXOM de Mañón, polo que Mariña Patrimonio vén de solicitarlle á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural – Conselleria de Cultura a inclusión deste novo xacemento no Catálogo do Patrimonio Culltural de Galicia.
Como vén sendo habitual, e ante o temor de que a Consellería de Cultura non atenda a solicitude presentada por Mariña Patrimonio, esta asociación achegou tamén unha solicitude ao Concello de Mañón para que inste á DXPC a catalogar e protexer este novo castro documentado no seu Concello.