O Concello de Cerdido incorpora 274.000 Euros de remanentes de tesourería para financiar actuacións de mellora e reparación de vías municipais, alumeado público, adquisición de marquesiñas de transporte e equipamentos.
No tocante ao alumeado público, o Concello solicitou unha subvención no marco do programa operativo FEDER para unha renovación tecnolóxica, mellorando a eficiencia enerxética ao substituir as actuais luminarias por outras de tecnoloxía led. Trátase dun ambicioso proxecto que está pendente da concesión da subvención xa que require unha inversión de 600.000 euros.
Axudas fronte o COVID-19
Parte deses 240.000 euros destinaranse a axudas para autónomos e negocios que tiveron que pechar durante a crise do COVID-19 ou perderon ata o 75% da súa facturación. Agora desde Cerdido están pendentes das bases que sacará a Deputación de A Coruña para axudas a autónomos e así complementar esas axudas para tratar de protexer aos negocios e persoas máis prexudicados durante o estado de alarma.
Plan de desbroce de pistas municipais
O Concello de Cerdido contratou dous tractores a maiores para tarefas de apoio ao tractor municipal nos desbroces de pistas de titularidade municipal. Estes dous vehículos de reforzo acometerán traballos de roza equivalentes a 27 hectáreas no termo municipal.