Ortigueira de loito pola morte do veciño de 30 anos falecido tras unha brutal agresión

A defunción de Cristóbal Doce Ríos provocou a consternación de toda a vila e dos seus veciños máis achegados

Ayuntamiento de Ortigueira

Hoxe 3 de xullo o Concello de Ortigueira e todos os seus departamentos oficiais ondearán as bandeiras a media asta, ademais de suspender todos os actos institucionais que estaban previstos para este mesmo día.

Con este luto oficial a cidade quere expresar as súas condolencias pola morte do seu veciño Cristóbal Doce Ríos, un mozo de 30 anos que ingresara na UCI o pasado 30 de xuño tras recibir un golpe na cabeza durante unha liorta con outro veciño da mesma localidade.

Pola súa parte, a veciñanza tamén pode participar nesta homenaxe ao falecido achegándose ás 12.00 h este 3 de xullo á Praza Isabel II da Vila de Santa Marta. Estes actos levados a cabo polo Concello súmanse ás sucesivas mostras de cariño que a familia de Cristóbal recibiu no día de onte.

Os suceso aconteceu no veciño municipio de Mañón cando tanto o agresor como un familiar atopábanse na beiravía da estrada tras cargar un camión de madeira, momento en que a vítima parou o seu vehículo e diriuxese a eles, producíndose a continuación unha disputa que presuntamente tiña que ver cunha débeda por algunha das partes. Actualmente o agresor está a ser investigado e podería enfrontarse a cargos por un delito de homicidio ou homicidio imprudente.

 

 

Salir de la versión móvil