Ortigueira entregará máis de 1.000 máscaras entre os centros educativos

O CEIP José María Lage, a galescola e ao IES Ortigueira serán os beneficiarios deste material de protección, o cal irase ampliando a medida que sexa necesario
MascarillasTrabajadoresCariño (2)

O Concello de Ortigueira vén de facer unha primeira entrega de material de protección contra a Covid-19 aos centros educativos do municipio, máis concretamente ao CEIP José María Lage, a galescola e ao IES Ortigueira, coa fin de que alumnado e profesorado poidan enfrontar o comezo do curso con seguridade.

Este material, segundo informou a concelleira de Educación e Cultura, María Belén Bello Castro, está composto por máis de 1.000 máscaras. A institución municipal preparará novas entregas a medida que sexa necesario tal e como vaia avanzando a situación nos diferentes centros escolares.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.