Ortigueira recupera o Ocioverán Concilia 2020 con novas medidas de prevención sanitarias

Este programa está pensado para a cativaría de 4 a 11 anos cuxos pais teñan obrigas laborais no horario de mañá
dsfs

O Concello de Ortigueira programa un ano máis para as vindeiras semanas as actividades de Ocioverán Concilia 2020, con novidades obrigadas debido á situación de pandemia que estamos a vivir. A primeira é que non se tratará de actividades abertas a todos os rapaces e rapazas -de entre 4 a 11 anos empadroados no municipio-, senón unicamente para aqueles casos nos que sexa necesario por razóns de conciliación familiar durante o verán. Deste xeito, é requisito obrigado que os dous pais teñan obrigas laborais no horario de mañá.

Ademais, na valoración que se terá que realizar se o número de solicitudes é superior ao de prazas teranse en conta as circunstancias económicas da unidade familiar, polo que os solicitantes terán que presentar a declaración do IRPF ou similar para xustificar os seus ingresos.

Como medida de prevención intentarase que todas as actividades se desenvolvan ao aire libre, reducindo ao máximo o uso de espazos pechados. O Concello está decidindo cales serán as instalacións que se van utilizar e destaca que será obrigatorio o uso de máscara, xel, luvas e aqueles outros elementos que se consideren necesarios por parte dos responsables das actividades. As inscricións realizaranse no rexistro xeral do Concello.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.