Ortigueira subvencionará aos profesionais do sector primario afectados pola Covid-19

Mañá xoves 3 de setembro ábrense as bases para que os autónomos e pequenas empresas poidan optar a esta axuda cun importe ampliable de 25.000 euros
65539689_2103043679823996_2638690897205657600_n

Tras a publicación hoxe no Boletín Oficial da Provincia das correspondentes bases, mañá  xoves 3 de setemrbo ábrese o prazo para solicitar as subvencións dirixidas a profesionais do sector primario no Concello de Ortigueira, para así intentar paliar os efectos económicos xurdidos pola Covid-19.

Durante 20 días hábiles poderán presentar as sús peticións os autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxa actividade e principal fonte de ingresos para a unidade familiar estea incluída no devandito sector primario. O requisito será que a redución da súa facturación durante o estado de alarma -do 14 de marzo ao 10 maio- teña sido alomenos do 50% en relación co promedio do semestre natural anterior.

As subvencións están dirixidas a sufragar gastos de mantemento e explotación da actividade económica e o Concello destina a este capítulo 25.000 euros ampliables se se produxeran solicitudes por un importe superior.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.