A Deputación investirá 137.564 euros na instalación de novo alumeado LED no porto de Espasante

As obras suporán un importante aforro enerxético e maior seguridade ao mellorar o alumeado das estradas

O pleno da Deputación da Coruña aprobará este venres o proxecto de renovación do alumeado público do porto de Espasante, en Ortigueira.  As obras suporán un investimento de 137.564,68 euros, financiados íntegramente con fondos do Plan Único (POS+ 2019) da institución provincial.

As luminarias actuais de vapor de sodio están no fin da súa vida útil,  supoñen un elevado consumo eléctrico e teñen unha baixa eficiencia lumínica. O proxecto consistirá na substitución por novas luminarias LED, que contribuirán a unha redución importante no consumo eléctrico para o Concello de Ortigueira e un menor nivel de contaminación lumínica.

O ámbito de actuación comprende a estrada DP 6103 da Deputación, o viario interior do núcleo de Espasante, o paseo marítimo e o acceso ao porto de Espasante. Escolleranse as luminarias axeitadas para cada tramo ou zona en función da súa potencia, fluxo lumínico e eficiencia enerxética. Os viais principais con maior índice de circulación de vehículos como a DP 6103, contarán con 84 novas luminarias de 60 W; o casco antigo e rúas peonís de Espasante con 33 luminarias led de 40W e porto e paseo marítimo con 79 luminarias de 20 W.

As obras incluirán tamén o pintado con pintura anticorrosiva dos farois e a susbtitución de postes e brazos de soporte deterioridados, co obxectivo de manter a unifomidade e a continuidade da estética nas rúas, así como a susbtitución dos actuais cadros de mandos por uns novos con protección contra sobretensións.

Salir de la versión móvil