A Escola de Música de Ortigueira pon en marcha unha oferta de cursos on-line

A iniciativa inclúese no programa Aula GaliciaAberta da Xunta de Galicia

A Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) presentou unha oferta de cursos online de música galega dirixidos tanto ao alumnado do centro como aos compoñentes das diferentes agrupacións de música e baile tradicional do municipio. Os cursos son os seguintes: gaita, os mércores, desde o 29 de abril ata o 1 de xullo; baile, os xoves desde o 30 de abril ata o 2 de xullo; percusión tradicional, os martes, do 28 de abril ao 30 de xuño e pandeireta e canto tradicional, desde hoxe ata o 29 de xuño. Todas as clases serán ás 20.00 horas.

A iniciativa inclúese no programa Aula GaliciaAberta da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, que é gratuíto e aínda que inicialmente estaba destinado a promover a cultura galega na emigración agora tamén é posible acceder aos cursos desde Ortigueira. Todas as clases son abertas e non precisan inscrición. A información sobre materiais dos cursos e estructura das sesións pódese atopar na web da agrupación.

Salir de la versión móvil