A Xunta levanta a prohibición de plantar pataca en Ortigueira

Medio Rural decidiu adoptar a decisión tralos bos resultados obtidos na zona que desmostran que xa non hai risco de couza guatemalteca
8e8a8cffa56918d2dfc2d0062419a9ad

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, mostrouse hoxe moi satisfeito co anuncio de que a Xunta levantará a prohibición de plantar patacas no municipio de Ortigueira, que lle foi comunicada polo director xeral de Medio Rural, José Balseiros. Trátase, dixo, dunha noticia moi positiva, especialmente nestes momentos, e dunha petición que vén formulando reiteradamente desde o Concello e “pola que levo pelexado moito”.

Os últimos controles realizados en Ortigueira demostran que non se detecta a presenza da couza guatemalteca, a praga que orixinou a prohibición en toda a contorna, aínda que seguirá a haber controles para evitar a reaparición. Neste sentido, o alcalde explicou que aquelas persoas que realicen plantacións terán que notificar ao servizo de Extensión Agraria en que parcela o farán e a extensión que ocuparán.

Muras lembra que moitos veciños se interesaban polo levantamento da prohibición e que aínda que pola súa profesión entende ben o control das plagas e enfermidades nos vexetais “a min non me chegaba ningún dato que xustificara que non se puidera plantar para poder explicarllo ben”.

O permiso será oficial tan pronto como se publique no DOG, no prazo de 15 ou 20 días segundo o alcalde, que agradeceu a chamada do director do Medio Rural e valorou este xesto porque considera que esta noticia hai que trasladarlla á veciñanza canto antes.

“Agora o que queira plantará e o que non, non, pero polo menos xa se pode; na miña casa, por exemplo, plantouse sempre e imos volver a facelo”, dixo Muras. “Todos sabemos que mentres haxa patacas parece que estamos máis tranquilos, porque non só axudamos á nosa economía local senón que tamén as repartimos cos fillos e fillas que están fóra e, en definitiva, sabemos que é algo co que podemos contar”, concluíu.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.