Identificado o autor dun incendio provocado nos montes de Ortigueira

O presunto autor dos feitos está a ser investigado tres semanas despois do suceso grazas á investigación realizada pola Garda Civil, os mesmos que conseguiron apagar as chamas
WhatsApp Image 2020-09-09 at 15.31.14

A Patrulla do Servizo de Protección de Incendios da Garda Civil de Ortigueira esclareceu o incendio forestal ocorrido o 23 de agosto en lugar de Brandariz, máis concretamente na parroquia de Luama, Ortigueira. As chamas remataron afectando a 0,20 hectáreas de arboledo grazas a rápida intervención dos axentes.

Os efectivos da citada Unidade procederon á inspección ocular da zona unha vez extinguido o mesmo, recollendo os vestixios e diversas probas que puidesen conducir á identificación plena do autor dos feitos.

No transcurso da investigación, tras o estudo dos vestixios recollidos e da posterior análise da información solicitada, a Garda Civil logrou coñecer a identidade do autor dos feitos, resultando ser un veciño da zona, reincidente neste tipo de actos completamente incívicos.

A Benemérita procedeu á investigación desta persoa como presunto autor dun delito de incendio forestal recollido no artigo 352 do Código penal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.