Dous accidentes na estrada de As Pontes a Ortigueira deixan sendos feridos

A xeada que caeu durante a mañá na vía puido ser a causa dun dos sinistros

Tráfico Ferrolterra

A estrada que vai de As Pontes a Ortigueira, a AC-101, cobrouse esta mañá dous accidentes de tráfico en pouco máis de tres minutos e que deixaron sendos feridos. O primeiro deles aconteceu no punto quilométrico 17 ás 09.29 horas desta mañá cando un vehículo saiuse da vía probablemente a causa da xeada que caera poucos minutos antes e que deixou a estrada esbarradiza. O vehículo quedo emborcado a causa do impacto. As Urxencias Médicas do 061 atenderon a un ferido leve.

Dous minutos máis tarde e apenas uns metros máis adiante, no punto quilométrico 18, dous turismos colisionaron, deixando tamén un ferido leve. Os bomberos do Eume, o GES de Ortigueira, a Garda Civil e a Policía Local de Ortigueira actuaron en ambos accidentes.

Salir de la versión móvil