Falece no CHUAC o mozo de Ortigueira que recibiu un estacazo na cabeza durante unha liorta

O agresor, outro veciño de Ortigueira, está sendo investigado e podería enfrontarse a cargos por un delito de homicidio ou homicidio imprudente
ETqrnqeWAAEVBqN

Os servizos sanitarios do Centro Hospitalario Universitario de A Coruña, confirmaron esta mañá o falecemento do mozo de 30 anos de Ortigueira que ingresara na UCI o pasado 30 de xuño tras recibir un golpe na cabeza durante unha liorta con outro veciño de Ortigueira. O agresor, que foi detido pola Garda Civil de Cedeira ese mesmo día, podería enfrontarse a cargos por un delito de homicidio ou homicidio imprudente.

Os suceso aconteceu no veciño municipio de Mañón cando tanto o agresor como un familiar atopábanse na beiravía da estrada tras cargar un camión de madeira, momento en que a vítima parou o seu vehículo e diriuxese a eles, producíndose a continuación unha disputa sen que se coñeza ata agora a orixe.

Posteriormente, o detido colleu un pau das ramas das árbores que se acababan de tallar e golpeou na cabeza ao agredido, caendo este a o chan e quedando inmóbil. Cando o agresor comprobou que a súa vítima non respondía tratou de auxiliarlle e chamou rapidamente ao 061, acudindo ao lugar unha ambulancia que evacuou ao agredido ata o CHUF de Ferrol, onde tivo que ser trasladado ao CHUAC da Coruña.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.