Investigado un veciño de Ortigueira por apropiación indebida e estafa

O home, de 62 anos, atopou unha carteira doutro veciño e usou as tarxetas de crédito para realizar compras en tendas da localidade e por internet
1498742794_2017-06-29_op_Rikati_01

A Garda Civil de Ortigueira está investigando a un veciño da localidade de 62 anos, como presunto autor dun delito de apropiación indebida e outro delito de estafa.

Os feitos investigáronse por mor da denuncia presentada no cuartel da Garda Civil  o pasado 31 de marzo por outro veciño da mesma localidade, que denunciou a perda ou o furto da carteira da súa propiedade, en cuxo interior portaba documentación persoal, diñeiro en efectivo e varias tarxetas de crédito de diversas entidades bancarias , as cales foron utilizadas a posteriori.

O mesmo día de notar a desaparición da súa carteira, recibiu notificacións das entidades bancarias correspondentes ás súas tarxetas, de movementos tras realizar pagos nun establecemento da localidade e de  tentar polo menos en sete ocasiones comprar por Internet, por un importe de 158 euros, non levándose a efecto ao non confirmar o denunciante a operación.

Inícianse entón as xestións tendentes á localización do autor das compras, dando como resultado e tras o visionado das cámaras de seguridade dun dos establecementos , a investigación do veciño de 62 anos, quen recoñeceu que quedara coa carteira tras atopala.

A carteira foi recuperada polo seu dono, tras ser atopada ás portas do concello de Ortigueira e entregada á Policía Local da localidade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.