Máis de 3.000 turistas visitaron Ortigueira neste verán tan peculiar

Varios roteiros e as famosas Xeorutas mantiveron a importancia turística da vila a pesar de contar cun periodo estival moi atípico provocado pola Covid-19
Imagen de archivo del puerto de Ortigueira
Imagen de archivo del puerto de Ortigueira

Á espera de contar con datos definitivos, as oficinas de turismo do Concello de Ortigueira teñen rexistrados desde mediados de xuño a primeiros de setembro un total de 3.136 turistas na vila, que fixeron 1.226 consultas relacionadas cos lugares para visitar, aloxarse ou comer na localidade.

Un verán atípico

As cifras supoñen unha considerable redución con respecto aos visitantes do ano pasado como consecuencia directa da pandemia producida pola Covid-19, pero aínda así Ortigueira resistiu bastante ben este atípico verán desde o punto de vista do turismo, tal e como confirma o alcalde, Juan Penabad Muras.

O rexedor municipal fai fincapé na relativa tranquilidade sanitaria que se viviu na zona durante os meses vacacionais como un dos motivos polos que o turismo continuou elixindo a vila, sobre todo o nacional, tal e como sucedeu na práctica totalidade dos destinos.

Desde a oficina de turismo destacan o éxito das rutas de sendeirismo organizadas desde o Concello, que superaron a vintena de participantes en case todas elas. As Xeorutas tiveron tamén unha importante resposta de participación, nalgúns casos con lista de espera para a seguinte polas numerosas reservas.

Este ano incorporouse un novo percorrido pola zona dos Penidos. O horario de atención ao público é de luns a sábado de 10.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 20.30 horas, e os domingos de 10.30 a 14.30 horas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.