O BNG preguntará no Parlamento polos vertidos nos ríos Mera e Baleo, en Ortigueira

A Xunta de Galicia ten as competencias exclusivas en protección de medio ambiente, control das augas e produción marisqueira
O candidato do BNG á alcaldía de Ortigueira, Marco Schall, e o deputado no Parlamento Mon Fernández | BNG
O candidato do BNG á alcaldía de Ortigueira, Marco Schall, e o deputado no Parlamento Mon Fernández | BNG

O BNG pedirá explicacións no Parlamento de Galicia polos vertidos aos ríos Mera e Baleo en Ortigueira da man dunha iniciativa presentada polo deputado no Parlamento, Mon Fernández, quen mantivo reunións con varios colectivos veciñais acompañado polo candidato á alcaldía, Marco Schaal.

«Estamos a falar de lugares que fan parte da Rede Natura 2000, no caso do río Mera, e de lugares que estiveron propostos para a súa ampliación, como é o caso do río Baleo, cando o Goberno galego, atendendo aos requirimentos da UE traballaba para a ampliación desta Rede», apunta o BNG, que recorda que durante o pasado mes de abril os veciñosde diferentes zonas de Ortigueira polas que pasan os ríos Mera e Baleo denunciaron o mal estado das súas augas e en algún caso mesmo mal olor.

«Estamos a falar de espazos naturais de gran valor e que deberan gozar dun grao de protección moi superior ao que actualmente teñen: feitos como estes vertidos e a súa reiteración proban esta desprotección, que ademais ten a agravante de ser susceptíbel de afectar á biodiversidade e á produción marisqueira da Ría de Ortigueira-Ladrido, actualmente en niveis de produción xa historicamente baixos», continúa.

Os veciños e veciñas «non dubidan en sinalar o polígono industrial das Somozas no caso do mal estado das augas do río Mera, e á canteira do lugar de Lombao no Concello de Ortigueira no caso do río Baleo».

O BNG entende que «a Xunta de Galicia, que ostenta en exclusiva as competencias tanto en protección do medio ambiente e, nomeadamente, no control das augas, como en todo o relacionado coa produción marisqueira, debería exercelas con moita máis dilixencia e comezar por determinar cal é a causa real destes vertidos e despois actuar para que non se volvan repetir».

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.