O pleno de Ortigueira avanza nas medidas para frear os efectos económicos do coronavirus

A corporación sacou adiante por unanimidade unha liña directa de axudas para o sector primario
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O pleno do Concello de Ortigueira aprobou esta tarde por unanimidade os tres puntos que figuraban na orde do día, que se correspondían con novas medidas encamiñadas a diminuír os efectos económicos da crise sanitaria da Covid-19.

A liña de axudas para o sector primario establece que todos aqueles autónomos e pemes que viron reducidos os seus ingresos nun 50% como consecuencia da pandemia poidan acceder a unha subvención municipal. Para esta finalidade resérvanse 25.000 euros do orzamento municipal que poden ser ampliados nunha segunda convocatoria se hai máis persoas afectadas que precisen estas axudas.

A modificación das ordenanzas fiscais relativas á instalación de terrazas de hostalería e restauración e de postos nos mercados estará vixente ata que finalice este ano, e supón que non haberá que pagar por este tipo de ocupación de solo público. O obxectivo é tamén neste caso facilitar a transición cara a nova normalidade, toda vez que -como se puxo de manifesto no pleno- o prezo da instalación de terrazas en Ortigueira é dos máis elevados da zona e non está en consonancia coa situación socioeconómica do municipio.

Por último, aprobouse unha ordenanza transitoria para as terrazas, por entender que o actual regulamento, que data do ano 2004, é excesivamente inflexible e non se adapta á situación de Ortigueira. Esta normativa provisional -durante un ano- pretende facilitar a instalación de mesas e cadeiras por parte de todos os establecementos de hostalería, algo moi necesario para axudar á súa economía na actual situación sanitaria. A intención do goberno é que cando remate o prazo da ordenanza transitoria haxa xa unha nova proposta de regulamento consensuada cos hostaleiros.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.