Ortigueira abre o prazo para beneficiarse da campaña “Agasallos de Nadal 2020”

Entregarase un máximo de 50 euros por menor en forma de vale para canxear por xoguetes, libros e material deportivo ou relacionado coas novas tecnoloxías
tmp_Bv56aV_56346c66e0a93d54_eugene-zhyvchik-0O58LvoYdHk-unsplash

O Concello de Ortigueira abre mañá o prazo de solicitudes para participar no programa “Agasallos de Nadal 2020”, dirixido a familias con nenos e nenas menores de 14 anos ou de 18 se teñen algunha discapacidade, empadroados cunha antigüidade mínima de seis meses e con escasos recursos económicos.

A iniciativa ten como obxectivo fomentar a igualdade dos menores diante da proximidade das festas de Nadal e o prazo de presentación de solicitudes -que terán que tramitarse no rexistro xeral do Concello dirixidas aos Servizos Sociais municipais- está aberto ata o 20 de novembro incluído. O máximo de importe destas axudas será de 50 euros por menor e entregaranse en forma de vale para a compra de xoguetes, libros, roupa ou calzado deportivo ou material relacionado coas novas tecnoloxías. Estas adquisicións realizaranse nos establecementos de Ortigueira adscritos á campaña.

As persoas que desexen beneficiarse desta campaña terán que presentar como documentación o impreso de solicitude; fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte en vigor de cada membro da unidade familiar; fotocopia do libro de familia ou documento que acredite o acollemento; xustificación documental dos ingresos de cada membro da unidade familiar durante o ano 2020; extracto bancario dos últimos seis meses e xustificante dos gastos de aluguer ou préstamo hipotecario da vivenda habitual e de empadroamento. Para máis información, os e as interesados poden dirixirse aos Servizos Sociais a través do teléfono 981 400 000.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.