Ortigueira festexa o Entroido más doce da comarca

O Concello abriu o prazo para a 24º Xornada Gastronómica de Doces de Entroido e para o concurso de disfraces da vila

O vindeiro venres, 21 de febreiro, remata o prazo para se inscribir na XXIV Xornada Gastronómica de Doces do Entroido que se celebrará o domingo 23 na Alameda de Ortigueira, e para o concurso de disfraces e desfile que terá lugar ao día seguinte, o luns 24. Nos dous casos hai que apuntarse no Concello ou chamando ao número de teléfono 981 400 000, aínda que para o certame de disfraces pódese facer o mesmo luns na biblioteca entre as 19.00 e as 20.00 horas.

Para a Xornada Gastronómica haberá que entregar os doces o mesmo día 23 entre as 18.00 e as 19.00
horas. Establécense catro categorías (orellas, bolas, freixós e pistrinos), cada unha delas con dous premios de 100 e 75 euros. As asociacións tamén poderan optar a un premio de 150 euros se entregan un mínimo de 10 bandexas de doces de distintos socios da entidade.

Os nenos e nenas poderán gozar o domingo tamén dunha festa infantil antes da degustación gastronómica, ás 17.00 horas, que contará con inchables, obradoiros e música. No que respecta ao concurso de disfraces do luns 25 ten varias categorías e premios. O individual para maiores de 12 anos con tres premios de 100, 75 e 50 euros; parellas e tríos con tres premios de 200, 150 e 100 euros; para os grupos de 4 a 10 integrantes haberá tres premios de 400, 300 e 200 euros e finalmente para os grupos de 11 ou máis integrantes repartiranse tres premios de 700, 500 e 300 euros.

Tamén haberá un premio especial para as asociacións e centros educativos. Deberán ter un mínimo de 10 integrantes, dos que a maior parte teñen que ser socios do colectivo ao que representan. Valorarase especialmente o traballo en grupo, interxeracional e a participación colectiva. Haberá un único premio de 500 euros.

O desfile sairá da biblioteca ás 21.00 horas ata a carpa da Alameda, onde cada participante representará unha coreografía de non máis de catro minutos. Pola súa banda, a Comisión de Festas do Porto de Espasante celebra unha xornada de Entroido o sábado 22, con pasarrúas, sesión vermú, xantar popular, verbena e actividades infantís.

Salir de la versión móvil