A empresa Calicanto Obras y Proyectos S.L. comezou as obras de mellora de acceso ao salón de plenos e ao edificio do Concello, un proxecto que o goberno incluíu no POS 2019 da Deputación e que supón un investimento de 74.923,44 euros.
A intervención ten por obxecto solucionar os problemas de accesibilidade, modificando o ascensor que na actualidade unicamente comunica a planta baixa e o nivel inferior do primeiro piso e permitindo que chegue ata o nivel superior deste primeiro andar, onde está situado o salón de plenos. Na actualidade só se pode chegar a el despois de subir 11 chanzos.
O proxecto encargado polo Concello contempla un cambio de cabina no ascensor, instalando unha similar pero de doble embarque a 90 graos. Deste xeito, na planta baixa consérvase o acceso actual e engádese outro posicionado na parte da entrada.