Ortigueira reforza a atención do Centro de Información á Muller comarcal

O Concello vén de recibir unha subvención do Fondo Social Europeo que será empregada para contar con máis medios na axuda a mulleres en situacións de especial vulnerabilidade

O Concello de Ortigueira recibirá subvencións para a promoción da igualdade por un importe global de 64.704,07 euros. Son cartos que proceden da Xunta, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo e do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o ano 2020. A parte máis importante desta contía, 55.828,38 euros, destinarase a apoiar ao Centro de Información á Muller ortegano en contratación de postos de dirección, asesoramento xurídico e atención psicolóxica, co obxectivo de reforzar a atención a mulleres en situacións de especial vulnerabilidade.

O programa municipal de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar Conciliortigueira recibirá, pola súa banda, unha axuda económica de 5.095,69 euros. Trátase dunha iniciativa de actividades lúdicas e didácticas para nenos e nenas nas vacacións escolares, como xeito de favorecer a conciliación laboral e familiar.

As subvencións concedidas contribuirán tamén a financiar programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero, neste caso cun importe de 3.780 euros.

Salir de la versión móvil