Preocupación en Ortigueira polos tres focos de coronavirus detectados na vila

Xa hai un novo caso confirmado e novos veciños en cuarentena á espera dos resultados

Ortigueira y Mañón superan los 1.300 y los 3.500 casos respectivamente

Medra a preocupación en Ortigueira polos focos do coronavirus Covid- 19 despois de que hoxe se rexistrara un novo caso -seis confirmados en total- e un dos veciños ingresados no hospital morrera esta misma mañá. O falecido é un dos enfermos relacionados coa persoa que veu de viaxe do extranxeiro, un dos tres focos identificados no municipio xunto co baile celebrado o día 12 e os participantes nunha excursión do Imserso.

O alcalde, Juan Penabad Muras, trasladou o seu pesar aos familiares desta nova vítima do coronavirus na área sanitaria de Ferrol e informou de que hai máis persoas en aillamento nos seus domicilios á espera do resultado das probas. Os casos confirmados están hospitalizados.

O rexedor insistiu unha vez máis na necesidade de tomar moi en serio o risco que representa saír da casa e anunciou que se intensificará a vixiancia para que non haxa infraccións das normas de confinamento vixentes. O número de denuncias en Ortigueira xa supera as 40, entre elas unha a un establecemento do municipio, e o alcalde lembra que a sanción mínima é de 600 euros e pode chegar ata os 30.000 dependendo da gravedade e do risco que supoña para a saúde das persoas.

Adiantou tamén Juan Penabad Muras que as tarefas de desinfección que xa se están realizando intensificaranse, especialmente e na medida do posible nos lugares relacionados cos tres focos de infección, ao tempor que pediu aos veciños que respeten ao máximo a cuarentena.

Salir de la versión móvil