A pesar de que a incendia do Covid na área sanitaria de Ferrol é a máis baixa de Galicia nos últimos sete día, con só 16 casos activos por cada 100.000 habitantes, o Concello de Ortigueira non está a seguir a tendencia do resto de concellos das tres comarcas, con máis de 20 casos rexistrados. Ademáis, o centro de saúde da vila está recibindo numerosas consultas por casos con sintomatoloxía compaltible co Covid, polo que non se descarta que o número aumente duante a finde semana.
Por todos isto, a Consellería de Sanidade acordou hoxe a inclusión de Ortigueira no conxunto de concellos con restricións. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en rolda de prensa, unha vez finalizado o subcomite clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia.
Deste xeito, os concellos de Ortigueira engádense ao grupo de concellos galegos con restricións constituído por Santiago, Milladoiro (Ames), Cambados, Vilagarcía, Vilanova, Meis, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Lugo, O Barco, Verín.
Entres estas restricións xerais destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas reunións tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.
Con estas medidas, a intención de Sanidade é poder actuar de maneira máis selectiva e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma desde o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.
Situación «gave e preocupante»
O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, califica de “grave e preocupante” a situación que se está vivindo no municipio como consecuencia da incidencia da Covid- 19, que afecta xa a máis dunha vintena de persoas. A preocupación é aínda máis grave debido ao número de veciños e veciñas que se están poñendo en contacto co centro de saúde con síntomas que se poden corresponder coa enfermidade.
No ámbito educativo, o colexio José María Lage rexistrou un positivo entre o alumnado, polo que o resto de estudantes da aula está xa nas súas casas, utilizando a máscara e á espera de probas, seguindo o protocolo que establece a Consellería de Sanidade. E na residencia de persoas maiores están restrinxidas as saídas ao exterior dos internos e as visitas dos seus familiares.
“Temos que evitar que isto se descontrole; se funcionamos como un pobo unido seguro que conseguimos reducir os contaxios en 10 ou 15 días, pero hai que ser moi responsables”, di o alcalde. A Policía Local e a Garda Civil intensificarán os controles para evitar incumprimentos pero, como insiste Muras, cada un ten que cumprir coas normas de precaución individualmente, e tamén no caso dos locais nos que se atende ao público.